• BELLE OTERO, LA , POSTAIS, POSTALES, CARTES POSTALES, POSTCA

    POSTAIS, POSTALES, CARTES POSTALES, POSTCARDS

    SEOANE, LUIS (1910-1979) XERAIS Ref. 9788483026991 Ver otros productos de la misma colección Ver otros productos del mismo autor
    Este libro recolle noventa imaxes, a maior parte delas tarxetas postais, sobre Carolina Otero, a Bela Otero, a galega máis universal do século XX. A neniña que, nacida no seo dunha humildísima familia da Ponte, no concello de Valga, o 4 de novembro de 1868, sería considerada como a máis luminosa das...
    Dimensions: 260 x 210 x 15 cm Peso: 250 gr
    Sense estoc, consultar disponibilitat
    46,35 €
  • Descripció

    • ISBN : 978-84-8302-699-1
    • Encuadernació : CARTONÉ
    • Data d'edició : 01/11/2001
    • Idioma : CASTELLANO ; GALLEGO ; FR
    • Autors : SEOANE, LUIS (1910-1979)
    • Traductors : DÍAZ MARTÍNEZ, CARLOS MARTÍNEZ
    • Nª de pàgines : 136
    • Col·lecció : GRANDES OBRAS
    • Any d'edició : 2001
    Este libro recolle noventa imaxes, a maior parte delas tarxetas postais, sobre Carolina Otero, a Bela Otero, a galega máis universal do século XX. A neniña que, nacida no seo dunha humildísima familia da Ponte, no concello de Valga, o 4 de novembro de 1868, sería considerada como a máis luminosa das figuras daquel París da Belle Époque; a definida polo pintor Paul Klee como ?unha muller da cabeza aos pés?.
    A Bela Otero, a ?serea dos suicidas?, como era chamada pola prensa norteamericana, pola que tolearon banqueiros e nobres que se bateron e arruinaron por ela. A Lina, que describiu a súa amiga a escritora francesa Colette, chea de alegría e pracer de vivir. A actriz de notable talento solicitada para a Ópera-Cómica de París, que estudiou o mesmo Marcel Proust para incluír como personaxe dalgunha das súas obras. A xogadora que aos catorce anos fixo saltar vinteunha veces consecutivas a ruleta xogando ao vermello no Casino de Montecarlo. A artista que con corenta e cinco anos decidiu retirarse da escena e trocar de xeito de vida e foi considerada como un símbolo dunha ?época superficial, lixeira, á vez virtuosa e cínica?.
    A Carolina Otero, esa beleza galega que fixo languidecer a vellos e mozos e os fotógrafos parisinos que colorean os seus retratos en tarxetas postais; a muller que posuíu unha enorme riqueza en xoias, que adornaron o seu corpo inmortalizado por grandes debuxantes da súa época.
    A Bela Otero, a que ocultou Galicia no seu corazón como tantos emigrantes, pero que levou sempre consigo a lingua propia ata o seu pasamento en Niza, o 12 de abril de 1965, testando a prol dos pobres de Valga.
    A edición deste álbum de postais da Bela Otero, prologado por un fermoso texto de Luís Seoane, recollido dunha audición radial do programa ?Galicia Emigrante? de 1959 e editado en galego, castelán, francés e inglés, constitúe unha auténtica alfaia bibliográfica para a recuperación rigorosa da imaxe verdadeira dun dos símbolos da gracia e da beleza de Galicia.

Aquest lloc web emmagatzema dades com galetes per habilitar la funcionalitat necessària de el lloc, inclosos anàlisi i personalització. Podeu canviar la seva configuració en qualsevol moment o acceptar els paràmetres per defecte.

política de cookies

Essencials

Les galetes necessàries ajuden a fer una pàgina web utilitzable activant funcions bàsiques com la navegació a la pàgina i l'accés a àrees segures de la pàgina web. La pàgina web no pot funcionar adequadament sense aquestes galetes.


Personalització

Les galetes de personalització permeten a la pàgina web recordar informació que canvia la forma en què la pàgina es comporta o l'aspecte que té, com el seu idioma preferit o la regió en la qual vostè es troba.


Anàlisi

Les galetes estadístiques ajuden als propietaris de pàgines web a comprendre com interactuen els visitants amb les pàgines web reunint i proporcionant informació de forma anònima.


Marketing

Les galetes de màrqueting s'utilitzen per rastrejar als visitants en les pàgines web. La intenció és mostrar anuncis rellevants i atractius per a l'usuari individual, i per tant, més valuosos per als editors i tercers anunciants.


Subscriu-te al butlletí del Racó del Llibre!

¿Vols conèixer totes les novetats del panorama literari? Subscriu-te al nostre butlletí on t'informarem de les novetats, signatures de llibres i totes les activitats que organitzem al Racó. No t'ho perdis!
He llegit, comprenc i accepto la política de privacitat
Informació sobre el tractament de dades